Os futuros médicos galegos afondan no valor terapéutico das augas medicinais da comunidade

augas_mineiromedicinais_webEstas augas deben cumprir certos requisitos como procederen dunha fonte subterránea, conter máis dun gramo de mineralización e ter unha temperatura superior aos 20 ºC

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o edificio docente Roberto Novoa Santos da USC acolle esta tarde unha nova sesión dirixida a futuros facultativos expertos na cura termal. A responsable de impartir esta xornada será a doutora Idoia Garaizabal, directora médico do Grupo Relais Termal, que aglutina a balnearios de toda España, incluído o balneario Acuña, situado na localidade pontevedresa de Caldas de Reis.

Ler máis: Os futuros médicos galegos afondan no valor terapéutico das augas medicinais da comunidade

A “Q” de Calidade Turística, froito de estritas auditorías anuais, avala o prestixio dos balnearios galegos

laias_webPosúen esta distinción sete establecementos termais integrados na Asociación de Balnearios de Galicia

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o balneario de Laias (no concello ourensán de Cenlle) acolle mañá sábado unha sesión sobre a importancia da calidade e a hixiene nos establecementos termais. Un grupo de futuros médicos, que se están a formar na cura termal, coñecerán as medidas que adoptan os balnearios nestes eidos.

O balneario de Guitiriz é pioneiro en España en contar cunha Unidade de Coidados Integrais para pacientes afectados por cancro

sramos_webA medicina convencional non contempla os efectos secundarios dos tratamentos, polo que entre un 30 e un 40% dos pacientes recorren a “medicinas alternativas” ao longo da súa enfermidade

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o balneario de Guitiriz acolle mañá venres e o sábado un curso sobre os coidados dos pacientes oncolóxicos nos balnearios. Diríxese a futuros facultativos expertos na cura termal, aínda que tamén poden participar profesionais socio-sanitarios vinculados á oncoloxía, persoas afectadas por esta doenza e os seus familiares.

Ler máis: O balneario de Guitiriz é pioneiro en España en contar cunha Unidade de Coidados Integrais para...

Os balnearios galegos estiman unha ocupación do 80% durante a Semana Santa

semana_santa_webAs malas predicións meteorolóxicas non representan un impedimento para o turismo termal

A Asociación de Balnearios de Galicia prevé unhas boas taxas de ocupación durante as vacacións de Semana Santa. Dende o organismo estiman que os seus establecementos rexistren unhas cifras próximas ao 80%.

Ler máis: Os balnearios galegos estiman unha ocupación do 80% durante a Semana Santa

Expertos médicos salientan que, segundo o tipo de doenza, os pacientes dos balnearios deben someterse a unha profundidade de inmersión diferente na auga

augas_webDestacan que os establecementos balnearios posúen unha lexislación específica como centros sanitarios, o que os diferenza de talasos e spas

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o edificio docente Roberto Novoa Santos da USC acolle esta tarde unha nova sesión dirixida a futuros facultativos expertos na cura termal. A responsable de impartir esta xornada será a doutora Dolores Fernández Marcos, directora médico de Caldaria Termal, que aglutina os balnearios ourensáns de Arnoia, Laias (no concello de Cenlle) e Lobios.

Ler máis: Expertos médicos salientan que, segundo o tipo de doenza, os pacientes dos balnearios deben...