Cada vez son máis os médicos de atención primaria que aconsellan a cura termal aos seus pacientes, con independencia da súa idade

antonio_freire_webÉ habitual que os nenos que teñen que operarse por un problema respiratorio acodan primeiro a un balneario para limpar as vías

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia celebra esta tarde, no edificio docente Roberto Novoa Santos da USC, unha nova sesión dirixida a futuros facultativos. Antonio Freire Magariños, director médico do balneario lucense de Augas Santas (Pantón), abordará a trascendencia actual dos balnearios como centros sanitarios.

Ler máis: Cada vez son máis os médicos de atención primaria que aconsellan a cura termal aos seus pacientes,...

As augas mineiromedicinais resultan moi efectivas para combater as doenzas reumatolóxicas propias de idades avanzadas e tamén a artrite xuvenil

balneario_lugo_webEmpréganse en particular as augas sulfuradas, que destacan pola súa acción antiinflamatoria

Os alumnos da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia participan mañá sábado nunha sesión práctica no balneario de Lugo. Durante a xornada abordarase o tratamento de enfermidades reumatolóxicas nos centros termais. A directora médico do balneario lucense, Ascensión Sánchez, e a súa fisioterapeuta, Begoña Fernández, mostraranlles aos futuros facultativos como se asiste a estes pacientes.

Ler máis: As augas mineiromedicinais resultan moi efectivas para combater as doenzas reumatolóxicas propias...

Representantes da principal asociación británica e europea para a conservación do patrimonio visitan esta semana os balnearios galegos

national_trust_webÉ unha “grande oportunidade” para promocionar Galicia entre o mercado británico, onde apenas hai balnearios

Un grupo de representantes da principal asociación británica centrada na protección dos lugares de interese histórico e natural visitan esta semana varios establecementos termais da comunidade. Fano da man da Asociación de Balnearios de Galicia.

Ler máis: Representantes da principal asociación británica e europea para a conservación do patrimonio...

Os tratamentos termais eliminan o picor ocasionado pola dermatite atópica na práctica totalidade de nenos e bebés

ninos_latoja_webTamén se están a lograr avances significativos no tratamento doutras doenzas da pel como a psoríase ou o acné

Os alumnos da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia participan mañá venres nunha sesión práctica no balneario Isla de La Toja. Durante a xornada abordaranse as enfermidades da pel tratadas nos centros termais. A idea é que os futuros médicos coñezan mellor este tipo de tratamentos e os poidan prescribir aos seus pacientes, debido á súa efectividade para combater certas doenzas como as dermatolóxicas.

Ler máis: Os tratamentos termais eliminan o picor ocasionado pola dermatite atópica na práctica totalidade...

Galicia posúe 7 dos 8 tipos de augas medicinais que existen, coas que se tratan dende anemias e afeccións alérxicas ata trastornos psiquiátricos

augas_mondariz_webÚsanse como complemento aos tratamentos médicos, ao tempo que axudan a previr certas enfermidades como a artrose

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia celebra esta tarde, no edificio docente Roberto Novoa Santos da USC, unha nova sesión dirixida a futuros facultativos. A doutora Laura Gómez, directora médico do balneario de Mondariz, dará a coñecer os distintos tipos de augas mineiromedicinais que existen nos centros termais galegos e para que doenzas está indicada cada unha.