O XXXVI Maratón San Antón, patrocinado polo Balneario de Cuntis, reuniu onte a 175 atletas

A cuntiense Montserrat Pereira Pena, con 43’ 18”, gañou a proba absoluta feminina e Uxío Abuín Ares, con 33’ 54”, a masculina

As carreiras das categorías inferiores quedaron aprazadas a setembro a causa das malas condicións meteorolóxicas

A trixésimo sexta edición do Maratón San Antón reuniu onte en Cuntis a un total de 175 deportistas. Tanto profesionais coma afeccionados do atletismo procedentes de toda Galicia, León, Asturias e o norte de Portugal acudiron a esta proba organizada pola Asociación Deportiva Maratón San Antón e patrocinada polo Balneario de Cuntis.

Ler máis: O XXXVI Maratón San Antón, patrocinado polo Balneario de Cuntis, reuniu onte a 175 atletas

Máis de medio milleiro de persoas correrán este domingo polas rúas de Cuntis no XXXVI Maratón San Antón

Profesionais e afeccionados de toda Galicia, León, Asturias e Portugal competirán nunha proba de 10 km, patrocinada polo Balneario de Cuntis

Esta carreira segue a manter a alta participación e está considerada unha das citas deportivas máis populares 

A trixésimo sexta edición do Maratón San Antón Gran Premio Termas de Cuntis, que se celebra este domingo, día 23, rexistrou preto de cincocentos participantes. Máis da metade pertencen ás categorías inferiores e o resto á categoría absoluta –de xuvenís en adiante–. Con todo, agárdase que, coma nas pasadas edicións, o propio día da proba se incremente un vinte por cento o número de corredores. 

Ler máis: Máis de medio milleiro de persoas correrán este domingo polas rúas de Cuntis no XXXVI Maratón San...

O Balneario de Cuntis estrea dúas novas cabinas para tratar enfermidades respiratorias e dermatolóxicas

Os pacientes poden gozar da haloterapia nun ambiente mariño ou relaxarse en colchóns de auga baixo un ceo de estrelas

A coordinadora do balneario, Eva Graña, indica que preveñen o malestar nas articulacións, combaten o estrés, a fatiga e problemas cardiovasculares

O Balneario de Cuntis estreou recentemente dúas novas cabinas dirixidas a persoas que padecen algún tipo de patoloxía dermatolóxica, respiratoria ou do sistema nervioso. Indicadas para os maiores de sete anos, o uso destas instalacións está suxeito a prescrición médica e axudan a completar o tratamento termal.

Ler máis: O Balneario de Cuntis estrea dúas novas cabinas para tratar enfermidades respiratorias e...

O Balneario de Cuntis colabora un ano máis na organización do Maratón San Antón, que se celebrará o domingo-23

A proba, de ata 10 km e catorce categorías, congregará máis de medio milleiro de corredores profesionais e afeccionados de toda Galicia, León, Asturias e Portugal

As inscricións poden realizarse a través da web www.maratonsananton.org ou no teléfono 986 53 22 03

O Balneario de Cuntis colabora na organización da trixésimo sexta edición do Maratón San Antón, que terá lugar o domingo día 23 pola contorna da vila termal. Dende a Asociación Deportiva Maratón San Antón agardan superar o medio milleiro de persoas, que se distribuirán en catorce categorías masculinas e femininas. 

Ler máis: O Balneario de Cuntis colabora un ano máis na organización do Maratón San Antón, que se celebrará...

Un total de 120 persoas celebrarán mañá sábado o corenta aniversario do Atlético de Cuntis cun xantar no Balneario de Cuntis

Asistirán o presidente do club deportivo, Francisco Fontenla, o titular da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o alcalde da vila termal, Manuel Campos

O Atlético de Cuntis CF celebra mañá sábado o seu corenta aniversario cun xantar no Balneario de Cuntis. A cita será unha oportunidade para que xogadores, directivos e afeccionados se reúnan e compartan os seus intereses acerca deste deporte. Entre os 120 asistentes estarán o presidente do club deportivo, Francisco Fontenla, o titular da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o alcalde da vila termal, Manuel Campos.

Ler máis: Un total de 120 persoas celebrarán mañá sábado o corenta aniversario do Atlético de Cuntis cun...