O trompetista principal da Sinfónica de Sevilla, o galego José Forte, impartirá clases a xoves músicos da comunidade

É o primeiro ex-alumno da Escola de Altos Estudos Musicais que ofrece clases no centro A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de…

O Consorcio de Santiago financiará o cambio de nome do aeroporto de Lavacolla polo de “Rosalía de Castro” con 50.000 euros

O organismo ampliará o Museo do Pobo Galego, o que suporá un investimento inicial próximo aos 400.000 euros e un total de 2 millóns de euros ata o vindeiro Ano Santo 2021 O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega.…

O Consorcio de Santiago adxudica as obras de reparación de varias cubertas do Auditorio de Galicia por un importe global de 356.950 euros

Presentan un alto grao de deterioración, o que provoca goteiras no interior do edificio O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar as obras de reparación de varias cubertas do Auditorio de Galicia á empresa Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L., por un importe global de 356.950 euros. O prazo de execución estimado destes…

O 12 de novembro remata o prazo para que rapaces de 5 a 14 anos se inscriban no curso de corda da Escola de Altos Estudos Musicais

Ofrécense un total de 17 prazas, 12 para a especialidade de violín, 4 para violoncello e 1 para viola A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, préstalle unha especial atención á formación musical dos máis pequenos. Así, o centro pon en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos,…

O Consorcio de Santiago realizará visitas guiadas pola exposición que conmemora os seus 25 anos de traballo no patrimonio histórico e cultural da cidade

O percorrido comezará na Casa do Cabido ás 12:00 horas e seguirá na Fundación Torrente ás 12:30 horas, as dúas sedes da mostra, todos os xoves ata finais de novembro Baixo o título “Consorcio de Santiago, Cultura e Patrimonio. 25 anos do Consorcio na cidade”, o organismo promove unha exposición que repasa a súa traxectoria.…

Page 8 of 25
1 6 7 8 9 10 25