O 12 de abril remata o prazo para solicitar as axudas para o pintado das fachadas dos edificios da cidade histórica

O Consorcio de Santiago destinará 150.000 euros a mellorar o mantemento exterior e a eficiencia enerxética dos inmobles  Estas axudas van dirixidas á mellora de fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada e reixerías O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do…

A exposición do escultor César Lombera permanecerá aberta ata despois de Semana Santa na Casa do Cabido, debido á grande afluencia de público

Dende a súa inauguración, a finais do pasado ano, visitaron a mostra preto de 3.000 persoas A Casa do Cabido acolle a exposición Parafernalia, unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera, autor das Marías e do Valle-Inclán da Alameda compostelá. Inaugurábase a finais de decembro do pasado ano e, dende entón, xa visitaron a…

Unha publicación do Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia percorre a historia da Banca Olimpio Pérez, que se funda en Compostela en 1845

Preséntaa esta tarde o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ás 19:30 horas no Centro Abanca Obra Social, cuxo edificio foi a sede do banco durante algo máis dun século O Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia acaban de publicar o libro Olimpio Pérez. Unha historia da Compostela moderna, de Xoán López Facal, que relata…

Unha publicación recolle os cen anos de historia da aviación en Compostela, dende o primeiro voo, que tivo lugar en 1912, pasando pola creación do aeroporto ata a actualidade

O libro, coeditado polo Consorcio de Santiago e Andavira Editora, preséntao esta tarde o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ás 20:00 horas na Fundación Torrente Ballester O Consorcio de Santiago e Andavira Editora acaban de publicar 100 anos de aviación en Compostela, un libro de Xerardo Rodríguez Arias. Presentarase esta tarde na Fundación Torrente Ballester,…

O Consorcio de Santiago destinará 150.000 euros ao seu programa “Ter é manter”, co que se busca fomentar o pintado das fachadas dos inmobles da cidade histórica

Apróbanse as bases da convocatoria do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Na xuntanza deuse conta da aprobación da orde de axudas do programa “Ter é manter”, dirixido…

O músico catalán Damián Arenas, contrabaixo da Orquesta Sinfónica de RTVE, impartirá clases a músicos galegos

A EAEM ofrece a posibilidade de que intérpretes novos melloren a súa destreza con este instrumento A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie…

O 19 de febreiro remata o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica de Santiago

Terán prioridade os edificios situados en zonas saturadas de ruído e con ocupación permanente  Búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas e o seu illamento acústico O Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección…

Page 5 of 25
1 3 4 5 6 7 25