Cáritas Interparroquial de Santiago investiu 430.000 euros, produto de doazóns, no campamento da praia da Arnela (Porto do Son). As colonias, que comezaron este mes unha vez finalizadas as obras, distribúense en quendas de nenos pequenos, medianos e maiores

Cáritas Interparroquial de Santiago estreou este agosto instalacións renovadas das súas colonias na praia de Arnela (Porto do Son). Fixo un investimento de 430.000 euros, case todo produto de doazóns senlleiras nos últimos anos. Os pavillóns escalonados monte arriba reformáronse completamente por dentro, cambiouse a distribución –aumentando as prazas de 66 a 78– e se…

Cáritas Interparroquial de Santiago celebrará a Xornada de Solidariedade cos Parados o sábado, 13 de maio, na praza do Toural. O actor Monti Castiñeiras lerá un Manifesto ás 12 da mañá baixo o lema “Formación, emprego sostible e renda xusta”. A entidade mellorou a súa asistencia xeral logrando 152 ocupacións en 2016, o 17,8% máis co ano pasado

Cáritas Interparroquial de Santiago celebrará a XXIV edición da Xornada de Solidariedade cos Parados o vindeiro sábado, 13 de maio, cunha concentración na praza do Toural na que o actor compostelán Monti Castiñeiras lerá ás 12 horas un manifesto baixo o lema “Formación, emprego sostible e renda xusta”. A efeméride pretende “alertar da multitude de…

Cáritas Interparroquial de Santiago realizou durante o ano pasado seis accións formativas nas que participaron 99 persoas de difícil inserción laboral. Celebrou esta mañá na súa sede de san Roque o acto de entrega de medio cento de diplomas

Cáritas Interparroquial de Santiago entregou esta mañá senllos diplomas a 59 persoas de difícil inserción laboral pola súa participación en diversas accións formativas durante o ano 2016. No acto, que se celebrou na sede da entidade, estiveron presentes a director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado; a concelleira de Políticas Sociais, Concepción Fernández; o director…

Cáritas Interparroquial celebrará o xoves-24 o Día das Persoas Sen Fogar cunha concentración no Obradoiro na que lerá un manifesto Xosé Ramón Gayoso. Xornadas de portas abertas, exposición de fotos e a proxección da película “Invisibles” complementan unha semana de actividades para facer visible esta realidade

Cáritas Interparroquial de Santiago promove varios actos nas vindeiras datas con motivo da celebración do Día das Persoas Sen Fogar o xoves, 24 de novembro, baixo o lema “Faime visible. Por dignidade. Ninguén sen fogar. Ese día ás 12 da mañá na praza do Obradoiro haberá unha concentración na que o presentador do programa “Luar”…

Cáritas Interparroquial de Santiago prestará o servizo de comidas no colexio La Salle durante o mes de agosto debido a que ese mes a Cociña Económica permanece pechada. O ano pasado servíronse 4.204 comidas que supuxeron un custo de case 25.000 euros, segundo explica o director da entidade, José Antonio Beiroa

Un verán máis Cáritas manterá o servizo de comidas en agosto no colexio La Salle debido a que a Cociña Económica pecha nese tempo por descanso. O ano pasado servíronse 4.204 comidas en agosto, cunha media diaria de 161 persoas, por un importe total de 24.509,32 euros. Esta cantidade impútase ao departamento de atención primaria…

Cáritas Interparroquial de Santiago celebra a segunda edición do desfile do seu taller de corte e confección ubicado no bario de Conxo: “Moda fronte á crise”

Unha vintena de mulleres exhibirán mañá xoves, ás 20 horas, os seus traballos deste curso, entre os que hai roupa de vestir, de rúa e infantil O programa de Emprego de Cáritas Interparroquial de Santiago, en colaboración coa parroquia de Conxo, impulsa un taller formativo de corte e confección desde hai máis de dez anos…

Cáritas Interparroquial de Santiago celebrará a Xornada de Solidariedade cos Parados o sábado, 14 de maio, na praza do Toural

Lerase un Manifesto baixo o lema “Dereito a emprego digno” ás 12 da mañá A entidade lembra que hai 7.600 desempregados na cidade compostelá segundo datos oficiais Cáritas Interparroquial de Santiago celebrará a XXIII edición da Xornada de Solidariedade cos Parados o vindeiro sábado, 14 de maio, cunha concentración na praza do Toural na que…