A Cámara de Comercio de Santiago analizará a necesidade de que as empresas protexan os datos persoais das persoas físicas segundo o novo regulamento europeo

Diana Fernández, avogada que impartirá a sesión: “Esta normativa esixe ás empresas que traten datos a gran escala, independente da facturación ou do número de traballadores,  e contar coa figura do delegado de protección de datos”  Celebrarase o vindeiro xoves, día 12, no salón de actos da entidade, entre as 12:00 e as 13:30 horas…

A Cámara de Santiago abre a inscrición para a formación troncal e específica do programa PICE de empregabilidade para menores de trinta anos

Asesorarase en habilidades sociais e competencias dixitais para a busca de emprego e impartiranse cursos de atención ao cliente para o turismo, xestión administrativa e community manager entre os meses de abril e xuño A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre o prazo de inscrición para a formación troncal…

A Cámara de Comercio iniciará en abril dous cursos de contabilidade e xestión laboral a través do Instituto Empresarial de Contabilidad y Economía

É unha formación práctica que usa a metodoloxía da ensinanza programada e asistida por ordenador  Celebrarase unha xornada de presentación o luns 2, ás 20:15 horas na sede cameral A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela acolle a sexta edición dos cursos prácticos de “Contabilidade e análise de balances” e…

A Cámara de Comercio de Santiago destina 98.250 euros en axudas para a contratación de mozos e mozas e para emprendedores

Poderanse formalizar dezanove contratos con empresas, a tempo completo e durante un mínimo de seis meses, e sete altas de autónomos por un ano  Son achegas para impulsar o emprego e autoemprego xuvenil, incluídas no Plan de Capacitación do Programa Integral de Cualificación y Empleo A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago…

A Cámara de Santiago inicia unha campaña para fomentar o espírito emprendedor cooperativo entre os estudantes de Santiago, Teo, Ames, A Pobra do Caramiñal, Noia e Arzúa

Coñecerán o mundo da empresa de economía social como unha posibilidade real de integración no mercado laboral  A primeira charla será mañá mércores no IES Pontepedriña de Santiago, ás 16:30 horas  A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organizará nos meses de marzo, abril e maio dezaséis xornadas de fomento…

A Cámara de Santiago organiza o xoves unha xornada sobre a nova lei de contratos públicos, baseada na transparencia e rexida polo criterio de calidade e prezo

A avogada Emma González impartirá a sesión que se celebrará no salón de actos da entidade, entre as 17:00 e as 19:00 horas A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro xoves, día 22, un xornada informativa, gratuíta previa inscrición, sobre a “Lei 9/2017, de 8 de novembro,…

A Cámara de Comercio de Santiago inicia unha campaña educativa para fomentar o espírito emprendedor entre os estudantes

O obxecto é que os alumnos se acheguen ao mundo empresarial e consideren o autoemprego como unha “opción laboral viable”   Alumnos de formación profesional do IES As Fontiñas visitarán mañá o viveiro de Costa Vella e outros do Mestre Mateo de Santiago recibirán unha charla divulgativa no seu centro A Cámara de Comercio de…

A Cámara de Santiago impulsou a creación de 60 empresas lideradas por mulleres en 2017 e 55 postos de traballo

É a segunda entidade con mellores resultados de España Con motivo do Día Internacional da Muller, o programa PAEM lanza a campaña #Quierosermipropiajefa para animar ás mulleres a emprender o seu propio negocio  A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostelá sitúase no segundo posto do ranking nacional do Programa de…

O asesor Juan Luis Magariños impartiu hoxe un taller para que as pequenas empresas optimicen os seus negocios na Cámara de Santiago

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrou hoxe martes un taller sobre “Metas 18, optimiza o teu negocio”. Dirixido a autónomos, pemes, empregados e emprendedores, a charla estivo impartida polo coach, formador e asesor de pemes e autónomos Juan Luis Magariños, e contou coa participación de corenta personas. O…

A Cámara de Santiago asesorou a case 600 emprendedores e empresarios no seu proceso de creación ou consolidación dos seus negocios en 2017

Axudou a xerar 113 empresas e 84 postos de traballo  A Cámara de Comercio de Santiago traballa de maneira continuada na creación de empresas, ofrecendo asesoramento a diversas tipoloxías de usuarios. Atendeu en 2017 as consultas de 593 emprendedroes e empresarios e colaborou na creación de 113 empresas que xeraron 84 postos de traballo asalariado.

Page 4 of 21
1 2 3 4 5 6 21