A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC rememora ao xeógrafo galego Domingo Fontán cando se cumpren 150 anos do seu pasamento. O escritor Marcos Calveiro e o profesor Francisco Durán intervirán na mesa redonda que se celebra mañá mércores ás 19 horas no Paraninfo da USC sobre o autor do primeiro mapa topográfico de Galicia
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) celebra mañá mércores unha homenaxe ao insigne xeógrafo galego Domingo Fontán (Portas, 1788 – Cuntis, 1866) cando se cumpre o sesquicentenario do seu pasamento. Unha mesa redonda sobre a súa vida, obra e legado no Paraninfo da universidade (facultade de…