A Cámara de Santiago inicia o 16 de abril un programa de formación en videoxogos para mozos e mozas menores de 30 anos

Rosa Cardeso, responsable de creación de empresas da entidade: “O desenvolvemento de videoxogos é un campo profesional prometedor que demanda perfís con formación especializada”

Celebrarase no Centro de Emprendemento do Gaiás co cofinanciamento da Cidade da Cultura e a Fundación Incyde a través do Fondo Social Europeo 

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela iniciará o vindeiro 16 de abril o programa “Constrúe o teu Futuro. Videoxogos e emprendemento”, organizado coa cofinanciación da Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Incyde a través do Fondo Social Europeo.

A formación está destinada a mozos e mozas menores de 30 anos que nin estudian nin traballan, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Juvenil, ben sexan emprendedores ou profesionais que desexen iniciarse no desenvolvemento de videoxogos, así como a aqueles interesados en ampliar e consolidar os seus coñecementos no campo da creatividade dixital.

Segundo sinala a técnico de creación de empresas e emprendemento da Cámara, Rosa Cardeso,  o sector dos videoxogos é o de maior potencial de crecemento e innovación da industria dos contidos dixitais en España. “O desenvolvemento de videoxogos é un campo profesional prometedor que demanda perfís con formación especializada” –explica–.

A formación inclúe as principais disciplinas vinculadas á creatividade, innovación e tendencias dentro do mundo do videoxogo –produción de imaxe en 3D, desenvolvemento visual, efectos visuais ou simulación–, modelos de negocio, dirección de proxectos, roles de equipo técnico e tecnoloxía, área ede marketing –Google analytics, Seo, SEM, Growth hacking–, área xurídico-fiscal, finanzas e área de dirección de proxecto final.

O programa, no que poderán participar un máximo de 25 persoas, celebrarase ata o 25 de maio no Centro de Emprendemento de la Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás, s/n), de martes a xoves en horario de 16:00 a 18:00 horas. Tamén inclúe titorías individuais entre o alumno e o consultor, sempre dentro do horario de apertura do centro de emprendemento do Gaiás (de 8:00 a 22:00 horas). As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa Cámara de Comercio de Santiago (981596800; vivero@camaracompostela.com) ou consultar o programa completo e inscribirse na web www.camaracompostela.com).