Fariña Tojo apunta a un cambio de modelo urbano, da cidade global cara a urbe local do futuro

O catedrático de Urbanismo da UPM analizou catro vías como posibles solucións ao conflito: proximidade, eficiencia, desigualdade e cambio climático 

Ofreceu hoxe unha conferencia, “Cara onde van as cidades do século XXI?”, no Colexio de Arquitectos de Galicia no marco do ciclo “Conversas COAG. Reflexións sobre a arquitectura e a paisaxe” 

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebrou hoxe a primeira das conferencias do ciclo “Conversas COAG. Reflexións sobre a arquitectura e a paisaxe”, destinado a profundar, desde a visión particular dun arquitecto de longa traxectoria, a evolución da arquitectura e a paisaxe.

O arquitecto e catedrático de Urbanismo e Ordenación do Territorio da Universidad Politécnica de Madrid (UPM), José Fariña Tojo, ofreceu un relatorio que tentou dar resposta a esta pregunta: “Cara onde van as cidades do século XXI?”. Inicialmente fixo unha paréntese para analizar de onde vimos e comentou as singularidades das cidades xurdidas da revolución industrial nas que primaban criterios arquitectónicos e urbanísticos de salubridade e saúde pública.

Xa centrándose no século XXI, Fariña Tojo explicou que estes problemas do pasado xa están superados, pero nesta época existen complicacións aínda máis graves e de carácter global. Segundo o experto, actualmente cuestiónase a capacidade de carga e consumo do planeta e os investigadores debaten como repartila e facer que as cidades se adapten a esta circunstancia. “Los grandes equipos de investigación internacionales están trabajando ahora en diversas vías, como las ciudades de proximidad, ciudades más eficientes, la desigualdad urbana y el cambio climático” –sinalou–.

Sobre o concepto de proximidade, Fariña Tojo considera que o modelo de cidade desexable son “cidades de proximidade” e para alcanzalo indicou que se debe reducir o investimento en transporte horizontal, tanto de persoas, materiais, alimentos ou enerxía, por ter un alto custe ecolóxico, e no seu lugar procurar ecosistemas próximos que subministran servizos esenciais diminuíndo a dependencia do exterior. “Esta característica del mantenimiento sano de los ecosistemas cercanos y su utilización racional se refiere a la agricultura de proximidad, al uso de materiales de la zona como en el sector de la construcción, a la autosuficiencia hídrica y, por supuesto, a la energética” –indicou–. E sobre a mobilidade, o arquitecto destacou que os plans de mobilidade que actualmente xorden nas cidades deberían ter por obxecto que as persoas teñan preto os elementos urbanos necesarios para a vida.

Outro concepto xa coñecido que desenvolveu Fariña na conferencia foi a eficiencia das cidades, tanto cunha edificación máis eficiente como no consumo responsable de enerxía co obxecto de recuperar unha conciencia urbana local.

En canto á vía de traballo da desigualdade urbana, Fariña Tojo indicou que se deberían eliminar estas diferencias entre cidades ou mesmo diferencias entre os barrios dunha mesma urbe onde existen zonas máis desenvoltas fronte a outras máis desfavorecidas e con menos seguridade. “La cuestión de la desigualdad se relaciona con la cohesión social y este problema se debería resolver en un futuro cercano para que las ciudades sean un marco adecuado de convivencia” –matizou–. Como exemplo, Fariña centrou a atención no avellentamento da poboación e como as cidades se deberían adaptar ás necesidades deste colectivo.

E a última vía a analizar foi o cambio climático, elemento que segundo Fariña debería condicionar de forma determinante a estrutura e organización das cidades.