A Cámara de Santiago asesorou a case 600 emprendedores e empresarios no seu proceso de creación ou consolidación dos seus negocios en 2017
Axudou a xerar 113 empresas e 84 postos de traballo A Cámara de Comercio de Santiago traballa de maneira continuada na creación de empresas, ofrecendo asesoramento a diversas tipoloxías de usuarios. Atendeu en 2017 as consultas de 593 emprendedroes e empresarios e colaborou na creación de 113 empresas que xeraron 84 postos de traballo asalariado.