Termas de Cuntis celebra un día de portas abertas para presentar o espazo destinado a cerimonias, O Xardín das Termas

A xornada celebrarase este domingo 26 entre as 11:00 e as 15:00 horas 

O balneario Termas de Cuntis organizará o vindeiro domingo, día 26, un día de portas abertas para presentar a capacidade cerimonial da que dispón o espazo O Xardín das Termas. A xornada celebrarase entre as 11:00 e as 15:00 horas da mañá do domingo. Todas as persoas interesadas poderán coñecer as instalacións e a gran variedade de propostas para a realización de celebracións de diversa tipoloxía.

Os participantes sairán do balneario cunha idea clara de como será o seu banquete nas instalacións de Termas de Cuntis. Poderán ver os xardíns, a montaxe exterior que se pode facer, sempre que a meteoroloxía o permita, tanto na zona de aperitivos como nas cerimonias civís que cada vez están adquirindo máis protagonismo. Poderán ver as distintas formas e colocación das mesas, así como as decoracións e por suposto a proposta gastronómica, onde as parellas visitantes terán a posibilidade de escoller entre unha gran variedade de platos e aperitivos a servir e ser degustadas polos seus convidados. 

Ademais, as empresas coas que habitualmente colabora Termas de Cuntis terán aquí o seu espazo para mostrar os seus servizos aos asistentes. Son empresas de floristería, decoración, música, mesas de doces, animadores, coctelería, coches de noivos, fotografía ou vídeo. 

As plazas son limitadas, por iso os interesados en asistir deben solicitar unha invitación ao mail  eventos@termasdecuntis.com

Visita virtual ao Xardín das Termas: http://www.termasdecuntis.com/eventos/