Laureano Troitiño volve ás instalacións balnearias de Cuntis con 13 óleos de temática rural, urbana e mariña en localizacións próximas e distantes. “Son paisaxes nun estilo realista con toques vangardistas”, segundo indica o pintor. A mostra inaugúrase mañá martes-1 e permanecerá todo o mes de agosto

A cafetería e zonas comúns do hotel La Virgen do Balneario de Cuntis expón a partir de mañá martes, 1 de agosto, unha exposición de trece óleos sobre lenzo do pintor pontevedrés Laureano Troitiño, que se poderá visitar durante todo o mes. “Son paisaxes rurais, urbanas e mariñas, nun estilo realista con toques vangardistas, nos…

O Consorcio de Santiago realizará visitas guiadas pola exposición que conmemora os seu 25 anos de traballo no patrimonio histórico e cultural da cidade

Será os martes e xoves da primeira quincena de agosto, ás 12:00 horas no Colexio de Fonseca, sede da mostra xunto á Casa do Cabido Baixo o título “Consorcio de Santiago, Cultura e Patrimonio. 25 anos do Consorcio na cidade”, o organismo promove unha exposición que repasa a súa traxectoria. A mostra ten dúas sedes,…

O Consorcio de Santiago reúne aos seus órganos de goberno, que aprobarán as contas anuais de 2016

Destinará 150.000 euros en axudas para o mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica  O organismo acepta a cesión do fondo fotográfico de Ramón Sánchez Estalote Como vén sendo tradición cada 24 de xullo, coincidindo coa noite dos fogos do Apóstolo e o concerto institucional previo protagonizado pola…

O Día de Galicia estrearase a canción “Himno do Máxico Amor a Compostela” no especial que emitirá a Televisión de Galicia

Con música da Real Filharmonía de Galicia, interpretarana simultaneamente en galego e inglés Rosa Cedrón e Carolina Rubirosa  A canción forma parte dun proxecto fotográfico, literario e musical cuxos beneficios se destinan ao Fondo de Emerxencias de Médicos Sin Fronteras O vindeiro martes 25 de xullo, Día de Galicia, estrearase o “Himno do Máxico Amor…

A Real Filharmonía de Galicia celebrará 25 concertos na nova temporada de abono, ademais de actuacións gratuítas en espazos singulares da cidade, propostas didácticas e familiares

O clarinetista Paquito D´Rivera, o trompetista Pacho Flores, e os pianistas Lars Vogt e Steven Osborne, entre os solistas internacionais que tocarán coa orquestra  Poranse en escena óperas de Bellini e Strauss, interpretarase a banda sonora d’A Guerra das Galaxias e haberá unha obra con malabarista A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá…

A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA becan a estancia de tres emprendedores no viveiro de empresas de Costa Vella

Afianzan o seu compromiso co emprendemento e renovan unha iniciativa posta en marcha hai dous anos  O acordo, rubricado esta mañá en Compostela, tamén ofrece condicións financeiras preferentes para as empresas da incubadora a través do Plan Activamos coas Deputacións galegas  A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA presentaron esta mañá unha nova edición…

A Real Filharmonía de Galicia acompañará á voz de Uxía na compostelá Praza da Quintana, no marco das festas do Apóstolo, este xoves ás 21:00 horas

As entradas, que eran gratuítas previa retirada de invitación, xa están esgotadas e o concerto repetirase o venres no Auditorio Mar de Vigo Presentouse esta mañá coa presenza do director titular da orquestra, Paul Daniel; o alcalde de Santiago e a propia Uxía A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das…

Page 1 of 3
1 2 3