Emprendedoras cuntienses organizan mañá sábado a primeira fin de semana da moda no balneario Termas de Cuntis

Desfilarán máis de 150 modelos coas últimas tendencias en moda nupcial, cerimonia, infantil, baño, calzado, ademais de propostas de maquillaxe corporal

Participarán 27 tendas de roupa e complementos, perruquerías e establecementos de estética de Cuntis, Caldas de Reis, Barro, A Estrada e Moraña 

Unha parella de emprendedoras de Cuntis organizan mañá sábado, día 27, a “1ª Fin de Semana da Moda na Vila Termal”, que se celebrará no Xardín das Termas do balneario Termas de Cuntis (na carpa) a partir das 19:00 horas. O evento conta coa colaboración do Concello de Cuntis, Termas de Cuntis, a asociación Cuntis Comercial Vila Aberta (Cucoba) e a Deputación de Pontevedra.

O desfile, que estará presentado polo locutor de Radio Estrada Pablo García “Chichas” e o presidente da Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo, Fernando Otero, contará coa participación de dezanove tendas de roupa, complementos e calzado, cinco perruquerías e tres establecementos de estética de Cuntis, Caldas de Reis, Barro, A Estrada e Moraña. Desfilarán máis de 150 modelos que amosarán ao público as últimas tendencias en moda nupcial e de comunión, atelier de alta costura e sombrerería, tocados, lencería, moda de baño, infantil, deportiva, calzado, gafas de sol e outros complementos, ademais de propostas de “body paint” ou maquillaxe corporal.

A velada estará amenizada por dous grupos de música e baile tradicionais –Hai que Roelo e a Agrupación Municipal de Música y Baile Tradicional de Cuntis– e ofrecerase aos asistentes unha degustación gratuíta de aperitivos e unha barra de bebidas para consumir, ademais de colchonetas inchables para os máis pequenos. O desfile terá música ambiente a cargo de Dj Arial White e a colaboración dos fotógrafos da zona, Ene-Afotógrafos e José Luis Oubiña.

Listado de tendas de roupa, complementos e zapaterías, perruquerías e establecementos de estética participantes: El armario de Bubú (Cuntis), Kukubara (Barro), Piñeiro Sport (Caldas de Reis), Trasniños (Barro), Bottino&Tacoo (Cuntis), Vision XXI (Cuntis), Mis Puntadas (tenda online de Barro), Gloss (Cuntis), Sensharo (A Estrada), Top Moda (Cuntis), O Rincón das Burgas (Cuntis), Ágora (Caldas de Reis), Calzados Mapi (Cuntis), Xunco Floristería (Cuntis), Arisa Carelli (Caldas de Reis e Vigo), D’Noa (Barro), Isa Nails (Moraña), Maria de Janza (Caldas de Reis), Conchi Martínez (Caldas de Reis), Peluquería Andrea Fernández (Cuntis), Peluquería Isabel (Cuntis), Peluquería Raquel (Cuntis), El tocador de Sandra (Caldas de Reis), Luz Domínguez (Barro), Mi pequeño salon by Estefanía Salgado (Cuntis), Sofía estética y masajes (Caldas de Reis) e Consultora de belleza Raquel (Moraña).