O Consorcio de Santiago remata a obra de eliminación de humidades na escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego
Esta intervención tivo un orzamento global de 44.165 euros O Consorcio de Santiago vén de rematar a obra de eliminación de humidades que afectaban á escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego. O orzamento global desta intervención ascendeu aos 44.165 euros.