O Museo Casa da Troia pecha a temporada este sábado, último día para poder visitalo. Mantén a cifra de visitas dos últimos anos, que entre Semana Santa e o verán aproxímase a 1.900. “Una alegría ver a mi padre vestido de tuno y en una de las fotos de este maravilloso museo. Desde Puerto Rico con todo nuestro caluroso cariño”, é un dos comentarios no libro de sinaturas

O Museo Casa da Troia pecha as súas portas este ano o vindeiro sábado, 3 de setembro, que será o último día aberto. Na temporada de verán adoitan visitar o museo romántico cidadáns de Europa e América, que sumando a Semana Santa e este verán ronda a cifra de 1.900. É un dos centros turísticos especialmente valorados nas plataformas e redes sociais, ademais dos eloxiosos comentarios que deixan no libro de sinaturas da vella pensión estudiantil, recreada co ambiente propio de finais do século XIX.

O director do museo, Benigno Amor, indica que o relevante é, que cando está aberto, soe haber visitas ao longo de todo o día. “A Casa da Troia foi a vella pensión de estudantes que inmortalizou Pérez Lugín na súa novela de 1915. Ademais das camas, dormitorios, cociña e sala de becas de tuna e recordos, pode verse como está recreada ao estilo da época, onde destacan unha vitrina con instrumental médico, vaixelas antigas e unha variada colección das múltiples edicións da novela homónima, cada unha coa súa capa ilustrada correspondente. Sen esquecer as vistas das torres da catedral desde a última planta”, segundo subliña Amor.

Carmen Lorenzo e Marta Rúa fan as visitas guiadas, tamén en inglés. O libro de sinaturas do museo recolle glosas evocadoras dos tempos estudiantís e de agradecemento ás persoas que miran polo seu coidado e difusión. Entre as últimas figuram comentarios como estos: “Una alegría ver a mi padre vestido de tuno y en una de las fotos de este maravilloso museo. Desde Puerto Rico con todo nuestro caluroso cariño”; “Muy hermoso el museo y muy buena la guía. Nos vamos a Argentina llevando la historia de la Casa de la Troya”; e o dun coreano agradecendo precisamente que se lle explicase o museo en inglés.

SAMSUNG CAMERA PICTURES

SAMSUNG CAMERA PICTURES