O embaixador de Filipinas en España visita a Cámara de Comercio de Santiago o próximo 29 de abril

Ofrecerá unha conferencia sobre as oportunidades de negocio neste país insular do sueste asiático

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela recibirá o próximo 29 de abril a visita do embaixador de Filipinas en España, Carlos Salinas, que ofrecerá unha conferencia sobre as posibilidades de investimento no país. O acto, que se celebrará no salón de actos ás 10:00 horas, estará presentado polo presidente da Cámara, Jesús Asorey.O prazo de inscrición está aberto para todos os interesados en coñecer de primeira man as oportunidades de negocio en Filipinas e os desenvolvementos económicos do país. Poderase tramitar a inscrición na web da Cámara – http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&P=230&ncurso=260116#.VxUNT3pjK84, ou no teléfono 981 59 68 00.

Carlos Salinas presidiu numerosas asociacións marítimas nacionais, institucións educativas e organizacións gubernamentais. Foi presidente da Asociación de Navieros Filipinos e rexente da Universidade Marítima do Mundo en Malmo (Suecia), entre outros. Foi tamén elixido dúas veces como vicepresidente da Federación Marítima Internacional en Londres. Desde o ano 2000 ata 2006, foi o representante do sector privado da Delegación tripartita filipina de alto nivel para a Asociación Internacional do Traballo (OIT) e para a formulación do Convenio Marítimo do Traballo adoptado en 2006, e como representante a distintos foros internacionais da Organización Marítima Internacional (OMI). Foi ponente en moitas convencións nacionais e internacionais.

Salinas foi premiado pola Orde de Sikatuna coa Gran Cruz Medalla de Ouro, polo presidente de Filipinas, Benigno S. Aquino III, nunha cerimonia que tivo lugar no Palacio de Malacañán en Manila en xaneiro de 2016. Esta condecoración é a máis alta distinción fo país concedida a un diplomático. Tamén foi galardonado co premio “Timonel Award”, concedido pola Autoridade da Industria Marítima de Filipinas, a máximo distinción outorgada a individuais privados que prestan servizos ao Goberno. A súa visión e contribucións á industria naviera ao estranxeiro foron recoñecidas polo Ministerio de Transporte e de Comunicacións de Filipinas. En 1992, o rei Harald de Noruega conferiulle a Carlos Salinas a Orde Real de Mérito con rango de comandante, polas súas destacadas contribucións ao crecemento e desenvolvemento das relacións marítimas entre Filipinas e Noruega, o primeiro filipino e terceiro asiático en recibir tal prestixioso premio.

En 2006, a presidenta Gloria Macapagal Arroyo concedeulle o premio “Most Inspiring Maritime Service Provider Enterpreneur Award”, pola súa destacada contribución ao desenvolvemento da industria marítima de Filipinas. En 2009 foi finalista para o premio “Ernst and Young Enterpreneur of the Year Award” e tamén nese mesmo ano o xerente da naviera Lloyd´s de Londres premiouno co “Lifetime Achievement and Leadership Excellence Award”, pola súa ilustre carreira “para colocar a Filipinas no mundo naviero e poñer firmemente aos mariñeiros filipinos no mapa mundial”.260116